[p. 195]
Berta a o marchar da casa de D. Luciano foise
vivir á cas de seu hirmau Pepe, onde foi pasando us dias sin decir nada
do que lle pasaba, co-a disculpa de qu'agardaba porque lle salise outra
boa casa onde servir.
Pró a-o fin y-o cabo non tivo máis remedio
que descubrir ó que lle pasaba, porque sua cuñada excomenzou á recear
y-a tirarll'algunhas indireutas.
Así é que se determinou á contarllo todo á
seu hirmau, eso si, recomendándolle moito segredo, dicíndolle que se
portara moi ben co ela Caitano, qu'este s'iba á casar con outra, qu'ela
non ganaba nada con quitarlle o creto, e que tendo pacencia inda lle
podia ser bon o dia de mañá.
Pepe púxose ledo de xúncaras cando soupo como
s'atopaba sua hirmá; pró Berta convenceuno con estas refreuxiós, e
inda máis cando soupo que sua hirmá tiña con que manterse.
Berta por outra parte fora facendo os seus
regaliños á cuñada y-os sobriños, e como o dar abranda moito os
xenios e gana moito as voluntás, Pepe y-a muller percuraron que non
largase da casa hastra que saise do apreto.
A mai de Caitano chegou á saber por Pepe que
[p. 196]
Berta vivia co-el, pró éste non lle quixo decir máis nada, por máis
qu'ela deu moitas voltas pra saber si viñera ou non á Madrid pol-o
fillo, porque éste tivo tamén bo coidado d'engañal'a, asi é
qu'estaba moi leda pol-a boa boda que se lle porparara á Caitano.
Os poucos dias de curado Caitano, saliu con sua
mai ó anoitecido por mor de ver us amigos que tiñan na calle da
Cabeza, y-o dobrar unha esquina da calle do Olivar entropezou c'un
sarxento. Miráronse ambos e dous, e quedáronse varados un instante,
cravados como esteas.
A entrambos se lles mudou o côr, pró o
sarxento siguiu pra diante, non sin volver á cara a o pouco tempo.
A mai de Caitano non lle pasou desapercibido a
mala impresión que lle fixera ô fillo aquel entropezo, porque o
sintira estremecer cando viu o sarxento.
¿Quén é es'home? perguntoulle chea de
medo, logo que pasou.
Es'home, mamai, é Martiño, o que a min me
firiu. Quitouse a barba e puxo un bigote postizo pra que non-o conozan,
e por certo qu'ha de custar caro conocelo, pró cando me viu quedouse
terrecido y-a min tamén me deu volta a sangue, e doume tempo pra que
m'asegurase ben de qu'o era.
Pois eu ben sei de qu'anda a policia
tola por dar co-él e non pode. Avisa á aquel que está ali, non sea
que che volva a xogar outra mala pasada.
Eu non fago eso.
Pois si non-o fas ti, eu ó farei. Non falta
máis que tendo entr'as maus o pillo que te quixo matar, deixaseo agora
escapar, pra que ó millor se
[p. 197]
volva á dar contigo. ¡Guardia! dixo berrando e correndo cara o
policia.
Caitano trataba de contela pró non puido
impedir que se achegase a o policia e lle dixese.
Prenda vosté á aquel home.
Y-o mesmo tempo señalaba a o sarxento que
d'aquela volvía a cabeza e quedábase un pouco mirando, pra convencerse
de qu'estaban dando parte d'él.
¿Porqué siñora?
Porque quixo asesinar a o meu fillo y-é un
home moi criminal.
Non lle faga caso guardia, repuxo Caitano.
Prendao que se vai outra volta á escapar.
Caitano apretoulle fotemente unha mau a sua
mai, mirouna con imperio e dixoll'o policia.
Esta é miña mai, e desgraciadamente ten un
mal qu'a volve tola cando lle dá, e tod'a mania d'ela é ver asesinos
que me persiguen e me queren matar. Conque fagam'o favor d'axudarme á
levala aqui á cas d'unha amiga a quen veu á ver.
¡Probe siñora! dixo o policia.
E que non estou tola, ¿d'onde sacas ti eso?
Ande siñora, ande que xa ó prenderei, dixo o
policía facéndoll'o paripé e tratándoa como s'estivese arroutada.
Martiño via a loita aquela dende tan lonxe,
que non puido entender ó que pasaba, porque receaba que s'ocupasen
d'él, y a pesar de todo via qu'en lugar de coller o policia detrás
d'él, iba como si levara presa por forcia á mai de Caitano.
A pouco tempo viu qu'o policia a deixou e que
viña cara á él, namentras que Caitano siguia con sua mai.
Entón foi cando sin mirar atrás Martiño,
votou á bon paso cara a praza d'Antón Martin, en
[p. 198]
trando logo na calle das Hortas, onde nacera e onde ó agardaba
impaciente e chea de congoxa a sua probe mai.
N'este tempo decíalle a de Caitano o fillo,
chea de rabia.
Dios queira que non chegue á pesarche ó
qu'acabas de facer.
Nunca me pesará o perdonar y-o facer ben,
respondeu Caitano.
Non pois ben deitou de ti, pois levo unha
rabia comigo, que seica ó estapinaba si mo puxeran diante.
Non se volva acordar d'él. Acórdese do ben
que me curou seu pai, do desgraciado que se fixo por un mal pensamento,
do que lle terá xa pesado á estas horas e das amarguras que pasará a
sua probe mai.
Tes razón, fixeche ben perdonarlle, respondeu
ô mesmo tempo que se ll'enchian os ollos d'auga. Pró ¿e si se volve
á meter contigo?
Non teña medo, ó qu'él tratará é de que
naide ó conoza: a min o que mais m'estraña é que non largase xa de
Madrid. Inda teño medo qu'o policia fose tras d'él e chegue á pillalo
por causa sua. ¿Qué diria entón o pai d'él da nosa conduta?
Mira si ves o policia.
Xa non parece, e sentirei qu'ó pillen, dixo
todo enfellonado Caitano.
Ben pois non t'enfurrusques por eso. Xa
chegamos dixo a mai parándose e meténdose n'un portal, como quen
está afeita á entrar moitas veces n'él. |